Volai-Vai!

Doncs quina enveja! Una app pel mòbil per no parar de donar la brasa cantant!

Garrotins, corrandes… Malgrat que la gent de Càntut estan fent una gran feina de classificació, a Balears tenen el treball fet pel Pare Ginard, etc., en català encara no estem, ni de bon tros, en un estadi tan fresc, evolucionat i pràctic com el tradicional gallec amb Volai-Vai, l’app que ha creat Tentaoura, també per ordinador.

La cosa s’explica sola i només podríem afegir la immensa admiració per uns versos i unes estrofes tant de veritat, amb tant de sentiment com només poden tenir les que surten de la vida autèntica, extrema per definició: amor, treball, pena, sexe, gana, humor, esperança…

Sense més, Tentautora i Volai-Vai,

Qui sou? 

O proxecto de Volai-Vai nasce como unha iniciativa de Diego Pintos e Xandre Outeiro, que conforman a equipa de Tentatoura Publicacións, como unha plataforma experimental na que xs usuárixs puidesen partillar as cantigas tradicionais galegas, comentá-las e etiquetá-las para crear unha pequena rede social.

D’on veniu?

Fisicamente estamos en Pontevedra, mais vimos de moitos lugares: do monte, do mar, do campo, do rural e da cidade, do porto e da taverna, da faculdade e das nosas casas…

Tentatoura é un pequeno estudo no que desenvolvemos traballos diversos de maquetación e deseño web, estampación téxtil publicitária, deseño editorial, e como calquer proxecto que inícia, calquer encarga que poidamos desenvolver cos nosos própios médios. Ademais, temos debilidade por iniciar os nosos própios proxectos, aqueles que imos anotando na nosa libreta de “o que molaba facer”.

Com ho feu? 

Facendo cábalas para cadrar os horários semanais, inda que as máis das veces os dias acaban por ser unha práctica de múlti-tarefa simultánea. Temos que compaxinar as encargas co mantemento de proxectos coma o Volai-Vai, as horas de investigación e deseño coas de docéncia de música tradicional (na que tamén estamos involucrados), e a difusión en redes de vários proxectos asociativos coa procura de financiamento en plataformas como Patreon.

Per què ho feu?

Esta é sinxela: gusta-nos, e ademais non podemos evitá-lo. Para nós é importante o feito de crearmos contido dixital en Galego, e se está relacionado coa cultura tradicional e a sua re-adaptación contemporánea, mellor. E se se pode facer de balde para xs usuárixs, mellor que mellor.

A on aneu? A on us agradaria arribar?

Gustaria-nos que proxectos coma o Volai-Vai adquirisen “vida própia”, que se puidesen auto-sustentar sen necesidade de recorrer a cousas como suscricións de pagamento e publicidade… Polo de agora, asi é, inda que o imos redefinindo sobre a marcha, xa que o apoio institucional (por exemplo) a este tipo de proxectos é practicamente nulo, máis aló de aportes puntuais como poden ser prémios en certames, concursos e cousas polo estilo…

Els que us dèiem, molta enveja!